A letra
www.coordinadoraendl.org
miúda
Revista de sociolingüística para o ensino

Nº6:
Ano 2015

Nº5:
Ano 2014

Nº4:
outubro-decembro 2013

Nº3:
abril-xuño 2013

Nº2:
xaneiro-marzo 2013

Nº1:
outubro-decembro 2012


Inicio
Listaxe
Recomendacións

Busca:

Categorías:

Artigos recomendados

Art1

Nesta sección recollemos artigos publicados na rede relacionados coa temática que nos ocupa, recensións de libros en formato papel ou dixital ou simplemente ligazóns de interese que completan datos dos artigos publicados na revista ou son ligazóns a textos que achegan datos imprescin- dibles para quen se move nestes ámbitos.



Montserrat Vilà i Santasusana
Enseñar a hablar y a escuchar

Co fin de animar ao profesorado a aproximarse á didáctica da lingua oral, a autora trata de aclarar cuestións como qué se pode ensinar da lingua oral ou cómo traballar a lingua oral na aula, revisando as achegas actuais ao ensino da lingua oral que se fixeron desde o ámbito lingüístico (situación comunicativa, análisis do discurso, lingüística do texto, xénero discursivo oral, retórica e cortesía lingüística) e metodolóxico (relación entre lingua oral e lingua escrita na aula, enfoque didáctico a través de secuencias didácticas e avaliación formativa).

Máis información         Versión en PDF

James Cummins
Interdependencia lingüística y desarrollo educativo de los niños bilingües

A partir dos datos que reflicten que a interferencia entre a lingua da escola e a familiar ofrece resultados pobres en nenos de lingua minoritaria e mellores en nenos de lingua maioritaria, o autor defende que non son os factores lingüísticos os que explicarían o dato, senón máis ben a combinación de factores socioculturais, do programa escolar e do input do neno. Insiste na necesidade dun sistema teórico que explique os feitos e formula dúas hipóteses: a hipótese do umbral (diferentes umbrais de competencia lingüística que o neno deberá alcanzar en ambas as dúas linguas) e a hipótese do desenvolvemento interdependente (a competencia nunha segunda lingua depende do tipo de competencia desenvolvida na primeira lingua).

Máis información         Versión en PDF

Myriam Nemirovsky
Otras formas de aprender a leer y escribir

Myriam Nemirovsky, asesora e coordinadora de procesos de formación docente sobre Didáctica da Lectura e a Escritura, describe tres experiencias en centros escolares diferentes (Buño–A Coruña, Teruel e Madrid) nos que a alfabetización do alumnado se fai incorporando cambios importantes sobre a metodoloxía tradicional, tratando de que o alumnado non só aprenda a ler e a escribir, senón que se convirta nun verdadeiro usuario da “cultura da letra”.

Máis información         Versión en PDF

Montserrat Vilà i Santasusana
Seis criterios para enseñar lengua oral en la educación obligatoria

A partir da premisa de que a ensinanza da lingua oral debe estar moi presente dentro da clase de lingua, sexa esta a lingua materna ou non, a autora fai unha breve reflexión arredor de seis liñas de traballo a ter en conta no ensino desta habilidade:
1. Centrarse na aprendizaxe da oralidade formal: a aula é un espazo formal.
2. Definir o que os alumnos van aprender a través de cada práctica oral. Descrición dos compoñentes específicos da competencia oral.
3. Pensar antes de falar: a planificación das intervencións orais.
4. Organizar os contidos de aprendizaxe mediante secuencias didácticas.
5. Deseñar as prácticas discursivas orais do alumnado: un espazo ritualizado e unha escoita focalizada.
6. Conseguir un bo clima de aula: unha relacións social equilibrada entre a autoridade e a complicidade co alumnado.

Máis información        Ir ao artigo

Montserrat Vilà i Santasusana
Actividad oral e intervención didáctica en las aulas

Reflexión sobre a importancia de traballar a lingua oral na aula co fin de que os alumnos melloren os seus usos lingüísticos. Consciente da falta de tradición docente e dun modelo explicativo de didáctica da lingua oral, a autora presenta unha breve descrición de diferentes formatos de actividade oral e de didácticas específicas que poden ser utilizados dentro da aula (xestión da interacción social na aula; diálogo para construír coñecementos académicos; exposición e argumentación de coñecementos, opinións de forma monologada) e propón un enfoque da lingua baseado nas chamadas “secuencias didácticas”, consideradas na actualidade como un gran avance metodolóxico para a aprendizaxe desta habilidade.

Máis información        Ir ao artigo

Montserrat Bigas Salvador
El lenguaje oral en la escuela infantil

Este artigo fálanos sobre a necesidade de estimular e favorecer o desenvolvemento da lingua oral na etapa infantil. A autora parte da premisa fundamental de que se aprende a falar usando a lingua en diferentes actividades de aprendizaxe. Para conseguir este obxectivo trataríase de evitar programacións ríxidas e materiais e traballos homoxéneos, uniformes e rutinarios; organizar o espazo da aula para que sexa un espazo creativo e comprender a figura do mestre como a de alguén que propón, guía, estimula, escoita, favorece… A autora ofrece algunhas actividades a modo de exemplo.

Máis información        Ir ao artigo

Gemma Boix, Titón García, Natàlia Nadal, Ignasi Vila
El misterio de la Biblioteca Mil.lènium o cómo promover relaciones colaborativas desde la participación del alumnado

Ignasi Vila e as profesoras Esperança Tarrés, Gemma Boix, Titón García e Natàlia Nadal relátannos a experiencia desenvolvida na escola de educación primaria La Farga de Salt durante o período 2006- 2011.
Cun 97% de alumnado inmigrante procedente de 18 países, catro ou cinco linguas por aula e un número significativo de alumnado que non fora escolarizado na súa lingua familiar e que non podía, en consecuencia, transferir coñecementos á lingua de instrución, a escola inicia un proxecto de traballo colaborativo que ten como obxectivo o incremento das habilidades lingüísticas orais e escritas e a utilización doutras linguaxes multimedia.
A escrita dun conto colectivo no que intervén todo o alumnado, dous autores e tres ilustradores e no que se implican, asemade, as familias e as bibliotecas municipais, permite a elaboración dun texto “identitario” que abre pontes de comunicación entre os saberes sociais e familiares e os escolares.
O establecemento de relacións colaborativas do alumnado en situacións académicas simétricas permitiu tamén traballar valores e actitudes democráticas.
Na actualidade, un 70% do alumnado escolarizado na escola de La Farga de Salt acada as competencias básicas ao remate da educación primaria.

Máis información        Ir ao artigo

Elizabet Coelho, Judith Oller, Joseph Serra
Más allá del primer contacto: ¿cómo dar la bienvenida a los estudiantes extranjeros y a sus familias?

Lograr unha incorporación inclusiva do alumnado inmigrante na que pais, nais e estudantado se poidan sentir integrados e valorados esixe unha planificación coidadosa e unha implicación activa da comunidade escolar.
No artigo, os autores, a partir de experiencias desenvolvidas en Ontario (Canadá) e en Cataluña, presentan un detallado protocolo de actuación. Nel ofrecen suxestións para crear unha adecuada ambientación escolar, revisan a entrevista inicial, a avaliación da competencia lingüística e matemática do alumnado e ofrecen propostas prácticas para a integración escolar e social dos discentes e das familias que permitan unha continuidade educativa entre a familia e a escola. Ao final do artigo, engaden unha selección de recursos: libros, artigos, vídeos e páxinas web para o profesorado que desexe ampliar os seus coñecementos sobre o tema.

Máis información        Ir ao artigo         Versión en PDF

Louis-Jean Calvet
Identidades y Plurilingüismo

Louis-Jean Calvet reflexiona sobre os conceptos de plurilingüismo e identidade, explicando a función identitaria das linguas e defendendo o dereito á diferenza de identidade e de lingua das comunidades e dos individuos. A partir de aí conclúe que sería necesario crear grupos de traballo que se encargasen de realizar propostas concretas a favor do respecto da democracia lingüística nos intercambios internacionais e presenta uns temas concretos sobre os que pensar para avanzar na aceptación da diversidade dentro dos grandes conxuntos lingüísticos: como respectar as identidades diversas? En relación co problema da norma, podería cada estado decidir sobre a forma lingüística a adoptar no sistema escolar? Como suscitar que aparezan políticas lingüísticas alí onde aínda non as hai? Sería útil formar en política lingüística aos dirixentes?

Máis información        Ir ao artigo

José Manuel Vez
Linguas e globalización en Europa

A sociedade global e multilingüe necesita un novo enfoque na educación lingüística. A busca de políticas que garantan unha educación bi-plurilingüe, na que teña o seu papel tanto o Global English ou lingua franca, como a diversidade lingüística europea, é o obxectivo que está detrás de diferentes modelos que foron aparecendo desde finais do s. XX en Europa e que o autor vai repasando ao longo do artigo. As institucións europeas xa deron os primeiros pasos para favorecer un novo plurilingüismo activo e inclusivo e agora falta, segundo o autor, o compromiso da cidadanía e a súa cooperación coas instancias educativas.

Máis información        Ir ao artigo

Bieito Silva Valdivia
As linguas no sistema escolar de Galicia

O autor, por un lado, describe, analiza e fai unha valoración do modelo de ensino bilingüe vixente en Galicia nas últimas tres décadas e, por outro lado, cara ao futuro, aposta por un discurso lingüístico renovado que propoña un plurilingüismo viable e construído a partir da lingua galega.

Máis información        Ir ao artigo

Ignasi Vila
Aspectos psicolingüísticos en el desarrollo bilingüe

O artigo pretende discutir o principio que durante anos condenou o bilingüismo escolar como prexudicial para o alumnado desde o coñecemento actual que posúe a psicolingüística, incidindo en aspectos sobre o desenvolvemento bilingüe e sobre as súas relacións co desenvolvemento académico e cognitivo.

Máis información        Ir ao artigo         Versión en PDF

Uri Ruiz Bikandi
Entrevistas con Uri Ruiz Bikandi

Entrevistas realizadas a Uri Ruíz Bikandi, profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura na Universidade do País Vasco e especialista en ensino e aprendizaxe de linguas. Nelas, pasa revista a temas de actualidade como a reconversión dos modelos do sistema educativo vasco ou a oferta temperá de modelos educativos plurilingües.
Uri valora positivamente a implantación, no seu momento, deste sistema que foi evolucionando por si só sen producir traumas sociais. Pola contra, amósase moi crítica coa introdución de modelos plurilingües que non se sustentan en criterios pedagóxicos senón en razóns de mercado. A introdución do inglés en educación infantil supón un custo social e económico enorme, sen un rendemento claro, afirma a profesora.

Máis información        Ir ao artigo         Versión en PDF

UNESCO
Los idiomas cuentan

Ante o perigo de desaparición de máis da metade das linguas faladas no mundo, a UNESCO declarou o 2008 Ano Internacional dos Idiomas. El Correo de la UNESCO edita con este motivo un número especial que centra a súa atención nalgunhas destas linguas que cómpre salvagardar.
Na páxina 25 o enlace coa hemeroteca da UNESCO permítenos buscar outros números e/ou artigos relacionados coas linguas.

Ir ao artigo         Versión en PDF

 

Revista editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) en Santiago de Compostela
ISSN 2255-0976