Imaxe
28 de marzo de 2014
5º aniversario da CGENDL
Subscribir | Desubscribir
 
Enquisa destinada ás nais e pais do alumnado de 3 anos que se vai incorporar no vindeiro curso aos centros.
Proposta de enquisa para que os equipos directivos a inclúan nos sobres de matrícula coa intención de recabar a información sobre a lingua habitual que esixe a administración. Útil tamén para recabar información sociolingüística para os Proxectos Lingüísticos de Centro e para que os Equipos de Educación infantil a poidan empregar nas entrevistas iniciais coas familias.
LOMCE: Disposición adicional 38º (sobre as linguas propias) 
A opinión da CGENDL sobre o último borrador do Real Decreto para o desenvolvemento da disposición adicional 38º referida ás linguas propias.
Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado 
O número 13 (marzo-abril de 2014) destaca a importancia da adquisición en familia dos hábitos lectores e do almorzo no rendemento escolar do alumnado, explica as adaptacións currículares e ofrece un feixe de propostas de interese para o lecer. 
A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino
O número 5 (xaneiro-marzo de 2014) d'A letra miúda acolle o artigo "A planificación lingüística no ensino. O equilibrio lingüístico necesario", de Mercedes Queixas Zas, así como unha reflexión en clave sociolingüística da novela "En vías de extinción", de María Reimóndez. 
Imaxe

Campaña Como cho digo :-)


A lus do mundo
Letras Galegas 2014


Unha cita: O salón do
Libro Infantil e Xuvenil


Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística