Videoconferencias 2014



 
A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego) de Manuel Caeiro Rodríguez
Descargar o cartaz
 
 

Introdución

Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.


Centros participantes


Relación de centros que participan.
Edicións de anos anteriores
Edición 2010       Edición 2011       Edición 2012       Edición 2013
 


  VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA

   
 

Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego).

>
Manuel Caeiro

Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. Páxina web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/

Sinopse: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.

Destinatarios: Alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h.


Para botar unha ollada

Tradución de software libre ao galego co Proxecto Trasno: http://www.trasno.net/

Scratch en galego:  http://scratch.mit.edu/ (seleccionar abaixo de todo a opción “Galego”) e http://codigooctopus.org

Coñecedes a…

Ada Lovelace (un e dous e tres), Alan Turing, Dennis Ritchie ou Richard Stallman, promotor do software libre?

Portal de software libre

http://www.mancomun.org/conecemancomun/queemancomun/

GHANDALF Asociación de software libre sen ánimo de lucro

http://www.ghandalf.org/sobre-ghandalf

Mallando no Android, sobre programación de aplicacións

http://mallandonoandroid.com/

 

   
 

NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS

Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi, e navegador recomendado Firefox) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: Flash Media Player.

INSCRICIÓN

Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: nome do centro, departamentos/docentes implicados, niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade, Nº de alumnos/as implicados/as, profesor/a de contacto (tamén correo), e Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes.