A Coordinadora Galega de ENDL quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. En todas e en cada unha delas preténdese actuar, con maior ou menor intensidade, sobre a situación da lingua dentro do mundo da empresa.

Por se vos axuda, as diferentes accións van acompañadas de ligazóns a recursos e materiais que xa se teñen desenvolvido nalgúns centros de ensino con anterioridade e que vos poden dar ideas para levalas adiante na medida das posibilidades e/ou recursos de cada equipo.

Este é só o punto de partida, agardamos as vosas achegas para que medre o número de recursos e propostas para desenvolver no ámbito empresarial.

Descrición do proxecto