Letras galegas 2014
Xosé María Díaz Castro

Proxecto A lus do mundo


Proxecto interdisciplinar do IES Díaz Castro de Guitiriz que a partir da realización do documental A lus d mundo desenvolve numerosas actividades e accións ao redor do poeta homenaxeado e a súa obra.

Ligazón

Axenda Díaz Castro


Axenda deseñada e editada polo IES Díaz Catros de Guitiriz. Inclúe: reseña biográfica do autor, fotografías de lugares e elementos relacionados coa vida do autor, coa súa obra e a súa presenza simbólica no instituto; partituras dos poemas musicados no centro escolar e 24 dos 32 poemas de Nimbos.

Ligazón

Bitácora Poeta Díaz Castro


O alumnado de diferentes niveis do IES Díaz Castro de Guitiriz recollen neste blogue diferentes actividades que realizan en torno ao poeta: documentación, elaboración dunha liña do tempo, obradoiro poético, etc.

Ligazón

Penélope


O poema visto polo alumnado de 1º da ESO do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

Penélope


Recitado interpretado do poema e montaxe audiovisual no Día da Poesía 2011.
Autoría: EDLG do IES Lago de Antela

Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014 IES Bouza Brey (en debuxos)


O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.

Videoclip Penélope de Díaz Castro, Letras Galegas 2014 IES Bouza Brey


O alumnado do IES Bouza Brey de Vilagarcía interpreta o texto musicado por Dimas Iglesias. Verónica Carballo, Natalia González, Berna Porto, Anxo Oubel, David Álvarez Caneda, Laura Jamardo, Ana Martínez, Joni Nogueira e Daniel Romero.

Ennobelando esperanzas


Exposición formada por 27 traducións de “Penélope”, de Díaz Castro, distribuídas en cinco paneis de A0. Cada unha das traducións vai acompañada de diferentes ilustracións inspiradas no texto e realizadas polo alumnado do IES Carlos Casares de Vigo e do IES Monte Carrasco de Cangas (http://aghaivota.blogspot.com.es/).

 O poema foi traducido aos seguintes idiomas: portugués, castelán, catalán, éuscaro, asturianu, aranés, francés, inglés, alemán, oshiwambo, árabe, chinés (coa respectiva pronuncia), ruso, checo, grego clásico, latín, holandés, italiano, sueco, urdu, xaponés (coa respectiva pronuncia), polaco, búlgaro, quechua, romanés, suahili e mapuche (non incluído nos paneis pero si na versión dixital da páxina web).

 

 

Videopoemas


Traballos do concurso "Día das Letras Galegas" do EDLG do IES Xesús Ferro Couselo de Ourense.

Ligazón

plan1 plan2
Actividades en centros

Calendario Xosé María Díaz Castro


Calendario marcapáxinas editado polos EDLG dos centros escolares de Xinzo da Limia.

Ligazón

Mes das Letras no CEIP Milladoiro (Malpica)


Programación cultural que se desenvolve neste centro para festexar as Letras Galegas e a figura de Díaz Castro.

Ligazón

Literatos Brey con Díaz Castro



Blogue do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa que acolle diferentes actividades do alumnado como as traducións ao castelán, alemán, francés, inglés, ruso, grego e latín do poema “Penélope”, poesía visual e mesmo un photocall Díaz Castro.

Ligazón

Caligrama Díaz Castro



Caligrama elaborado sobre o rostro de Díaz Castro polo alumnado da ESO do Colexio Martín Códax de Vigo.

Ligazón

Proxecto Mil Penélopes máis para a lingua!



A Área de Galego do IE Cañada Blanch de Londres anima a compartir co seu alumnado o poema “Penélope” recitado, cantado, rapeado...a través dunha sinxela aplicación en liña.

Ligazón

Letras galegas 2014: O verme e a estrela



Departamento de Música do IES AS Barxas (Moaña)

 

penelope workshop



Video realizado polo alumnado de galego de 3ESO a partir do poema de Díaz Castro coa colaboración de Federico Strate e Ana Inés Jabares.

 

A vida de Xosé Mª Díaz Castro



Curtametraxe elaborada polo EDLG do CEIP Juan Fernández Latorre de A Coruña coa participación dunha boa parte do alumnado.

Esmeralda. Xosé María Díaz Castro



Video elaborado polo Equipo de Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP A Carballeira de Lourizán para conmemorar o día das Letras Galegas 2014. 

Mensaxeiros Nimbos



Video recopilatorio do proxecto "Mensaxeiros Nimbos". CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz.

Coordinadora Galega de ENDL
Letras Galegas 2014