Gañadora do premio
Leixaprén 2014

María Xosé Silvar Sés
http://www.mariaxosesilvar.com/

Vídeo do acto de entrega no
IES Félix Muriel de Rianxo
Nota de prensa da CGENDL:

Resultados da votación:
Fernando Vázquez Pena 159
María Xosé Silvar 'Sés' 164
María Mera Constenla 124
Esther García del Barrio 125
0



María Xosé Silvar Sés
(A Coruña, 1983)

Sés é o nome artístico de María Xosé Silvar, música e cantautora que deu os seus primeiros pasos no campo do baile e a música tradicional. É mestra e Licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social e, logo do seu paso pola banda Chámalle Xis! e de colaborar con diferentes bandas e artistas galegos, como Sés publicou os discos Admirando a condición (2011) e Co xenio destrozado (2013), unha talentosa combinación de estilos musicais que, xunto cunha voz talentosa e unhas letras traballadas, explican a grande acollida da crítica e o público.

Coa mesma actitude enérxica e contaxiosa que define os seus directos, o seu compromiso co idioma queda claro cando expresa “Fago música en galego porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo”.