home
starters
main course
dessert
wines
soft drinks






 
 

Presume de >GALEGO<

Existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30. De feito, case ningún chegamos aos 18! Se entras aquí podes comprobar que desde os 3 anos xa falamos moi ben!

Porque a nós tamén nos gusta mimar o noso <GAL>ego, presumir do ben que falamos, da fonética marabillosa que nos sae da gorxa!

Por iso, queremos compartir a nosa fala. De aquí e de acolá. Desde Ortegal ao Miño, desde Fisterra ata os Ancares, desde A Coruña a Vigo...

Falamos de calquera tema en menos dun minuto e ti podes escoitarnos e/ou xuntar a túa voz coa nosa!

Entra e escoita! E se che gusta… comparte!

 

Queres participar enviando unha gravación?

Só tes que proporlle a algún alumno/a de calquera etapa educativa, de calquera centro de Galicia ou de fóra, que teña o galego como primeira lingua, que fale de un dos seguintes temas (amizades, amor, deportes, familia, festas, historias-contos-lendas, internet, libros, lugares, mascotas, moda, motor, música, vacacións, viaxes, xogos). Tamén podería valer calquera outra proposta que consideredes de moito interese. 
Gravarase a voz dos/as falantes coa maior calidade posible e cargaranse os arquivos de audio, preferiblemente en mp3, na sección de Colaboración.
O tempo máximo de gravación é de 1 minuto e, se é posible, deberíanse deixar 2 segundos de silencio antes de que comecen as voces e despois de remataren.

Anímate! Contamos contigo!

Porque ti tamén tes dereito a presumir do teu >GALEGO<!

 

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística